Vigo en Xogo - Xornada 11


Na xornada 11 de Vigo en Xogo nos enfrontabamos a Rias Baixas un equipo que con so 3 vitorias atópase na parte baixa da táboa e que nembargantes amosou un xogo merecedor de estar uns postos máis acordes a metade da clasificación cando menos. O Vicus, como ven sendo norma nesta tempada, estivo moi sólido tanto en defensa coma en ataque e, ainda que os noso rivais presentaron unha maior resistencia da agardada, fomos pouco a pouco abrindo distancias no marcador. Pechouse a primiera metade cun resultado de 21-35 a prol do Vicus. No segundo tempo o Vicus seguiu a medrar mentres os nosos rivais foron acusando o esforzo e perderon efectividade o que fixo que cada vez o Vicus xogase con mais comodidade e ampliase as rendas no electrónico. Ao final un claro 38-63, e nos achegamos a xornada de descanso mantendo a vitola de invictos na competición. Forza Vicus!

💪
.


Ficha Técnica
20-2-2022
16:45 Carmen
Estatísticas

Rías Baixas
Vicus C.B
1º Tempo
21
35
2º Tempo
17
28
Final
38
63

0 comentarios:

Publicar un comentario