O Vicus C.B. desexavos a todos un Feliz Ano 2023!!
O VICUS é un clube de baloncesto fundado en Vigo no ano 1986.
dec
2022 No Torneo de Nadal de onte houbo unha sorpresa especial que ben merece unha publicación aparte.
Dende que se fundou o Vicus CB alá por Agosto de 1986 moitas persoas estiveron vencelladas a el de distinto xeito: como xogadores/as, patrocinadores, membros da directiva, amigos/as e un longo etc.
Uns viñeron, algúns estiveron durante un tempo, marcharon, algúns volveron anos despois e pasaron segundas e terceiras etapas no clube. Pero tan só unha persoa permaneceu de xeito ininterrompido no clube durante toda a súa historia, ben como xogador ata o 2020, como presidente dende hai anos e como adestrador na actualidade. Esta persoa non é outra que o noso Presi Xose Anxo Vázquez González, que portou o dorsal número "8" do Vicus durante mais de 34 anos e por iso precisamente esa equipación leva o seu nome nas costas. A única camiseta nominal das 18 que temos na actualidade.
Alá por un xa lonxano 1996, organizamos o primeiro Torneo de Nadal, e con traballo, esforzo e moita ilusión chegamos a esta edición tan especial que se fixo agardar (e moito) pola pandemia!
É asi, que onte sábado desfrutamos dunha mañá de bo baloncesto cós equipos convidados: Redskins e UVigo Basket (ambos de primeira de #VigoEnXogos).
Dende o Vicus C.B. queremos agradecer a todos a vosa asistencia, participación, aos equipos Redskins e UVigo Basket por aceptar a invitación e especialmente ó Concello de Vigo e á Concellalía de Deportes polo seu patrocinio.
Ficha Técnica | ||
19-11-2022 16:00 Balaidos | ||
La Gondola - Lax Tatoo | Vicus C.B | |
1º Tempo | 27 | 33 |
2º Tempo | 18 | 35 |
Final | 45 | 68 |
xuñ
2022Na xornada 22 de Vigo en xogo tiñamos un encontro complicado contra Neogeo. Por unha banda é un equipo que nos coñece ben tanto de temporadas pasadas destra mesma competición coma do noso prezado Torneo de Nadal, por outra banda chegabamos ao encontro xustos de plantel presentando un equipo de unicamente 6 xogadores.
O encontro aprazado da xornada 18, no que nos tiñamos que enforntar a Certfix, e que iamos disputar o sábado 23 de abril, foi dado por victoria 20-0 a prol do Vicus por incoparecencia do equipo rival. Era unha oportunidade para ver as novas instalacións de Balaidos pero tendo en conta que tiñamos un equipo de 6 xogadores dispoñibles e que afrontabamos un fin de semana con 2 encontros non nos veu mal de todo anotar unha nova victoria no casilleiro sen esforzo. Forza Vicus!
Na décima xornada da competición de Vigo en Xogo, tocábanos enfrontarnos a un rival coñecido doutras tempadas, Raiders.O encontro escomezou con intercambio de canastras, incluso por primeira vez na tempada, co Vicus por embaixo no electrónico, se ben aos poucos o Vicus foi axustando a defensa e recuperando o dominio do encontro.
O segundo encontro deste fin de semana nos enfrontaba a NBAD. Afrontabamos o encontro con dúas baixas importantes e notouse na capacidade de anotación do Vicus. Por fortuna a defensa que mantivemos individual todo o encontro, estivo a un bo nivel, facendo que cada ataque lle costase suor aos nosos rivais. Así, no descanso do primeiro tempo o electrónico amosaba un claro 21-4.
No primeiro dos encontros que tiñamos programados esta fin de semana, nos enfrontabamos a Nutribiotica un equipo da metade alta da clasificación. O encontro se correspondía co partido adiado da xornada 6. Os nosos rivais presentaron un equipo de xusto 5 xogadores o cal lles pasou factura dun xeito claro conforme o partido foi avanzando. O Vicus comezou acadando as primeiras vantaxes no marcador que sempre foron a máis.
Séptima xornada da competición na que nos enfrontabamos ao equipo K.C.E. Xa dende os primeiros ataques non houbo dúbida dos vieiros polos que o encontro ía discorrer. A superioridade do Vicus era clarísima e aínda así xogou con nobreza e sen asoballar ao rival. Certo é que algúns membros do equipo rival se tomaron mal a nosa indiscutible superioridade física, decidindo que a súa mellor defensa era empregrarse cunha pouco deportiva dureza.
Copyright © 2010 Vicus Clube de Baloncesto. Proudly Powered by Blogger .