El Garaje 21- 53 Vicus C.B.
Vixesimoseptima e derradeira xornada de Vigo en Xogo. O Vicus vimos de proclamarnos campións da categoría de Vigo en Xogo, algo que nos enche de orgullo. Para facer boa a vitoria da xornada pasada debíamos gañar a El Garaje. Nun encontro que se presumía máis doado ca o anterior pero no que ademáis non afrouxamos nin nos relaxamos e presentando a plantilla ao completo festexamos un novo triunfo. No primeiro tempo axiña acadamos unha renda ante uns rivais que non se atopaban especialmente motivados, pechando o parcial cun claro 9-31. No segundo acto o partido seguiu a mesma tónica, co Vicus serio en defensa sobretodo no rebote defensivo e con aportacións positivas do tódolos seus xogadores. O tempo foise consumindo axiña para reflexar ao final un contundente 21-53 no electrónico. Vitoria que xa nos permite decir que somos campións, pechando un brillante play-off. Despedimos a tempada co obxetivo do ascenso acadado e co premio dun campionato froito do esforzo e o bo facer deste equipo. Noraboa e Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso
#AscendidoASegunda
#CampionsLiga2019
Ficha Técnica
| ||
12-05-2019
17:00 Pabillón do Carme
Estatísticas
| ||
El Garaje
|
Vicus C.B.
| |
1º Tempo
|
9
|
31
|
2º Tempo
|
12
|
22
|
Final
|
21
|
53
|
0 comentarios:
Publicar un comentario