Vigo en Xogo: Xornada 25

C.B. Mariano 44 - 55 Vicus C.B.
Vixésimo quinta xornada de Vigo en Xogo. Comezamos a decisiva terceira volta da fase de ascenso enfrontándonos a C.B. Mariano. Era vital a vitoria para acadar matematicamente o segundo posto nos playoffs. O Vicus mantivémonos por diante no marcador durante tódala primeira metade, axustando ben a defensa, movendo con acerto o balón e castigando co rebote ofensivo, na mentres o Mariano seguía enganchado ao encontro co tiro exterior (19-27).
No segundo tempo o Vicus continuamos a defensa 3-2 con seriedade, estiramos a renda entorno aos 15 puntos e respostamos con canastras de moito mérito (tamén triplas) en momentos clave nos que o Mariano tentaba achegarse por debaixo da barreira psicolóxica dos 10 puntos. Só no derradeiro minuto dúas triplas dos nosos rivais maquillaron un chisco o resultado final 44-55. En definitiva, bo encontro do Vicus, vitoria importante, ascenso acadado e loitaremos fronte a Fisiomiño por rematar primeiros a competición. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso
#AscendidoASegunda



Ficha Técnica
28-04-2019
18:00 Pabillón do Carme
Estatísticas

C.B. Mariano
Vicus C.B
1º Tempo
19
27
2º Tempo
25
28
Final
44
55



0 comentarios:

Publicar un comentario