Centro Equestre Rías Baixas 54 - Vicus C.B. 34
Terceira xornada de Vigo en Xogo. O Vicus sumamos unha nova derrota contra Centro Ecuestre Rías Baixas. O partido escomezou cun intercambio de canastras pero xa aos poucos minutos os noso rivais foron impoñendo o seu ritmo, máis físico e cunha maior velocidade e contragolpes foron abrindo unha fenda no taboleiro, que non mostras en ningún momento de poder recuperar. O primeiro acto rematou cun esclarecedor 30-16, a nosa baixa anotación, un dos problemas que estamos a ter esta tempada, xa amosaba que iamos sufrir neste encontro.
No segundo acto melloramos un chisco a defensa pero seguimos con moitas dificultades para acadar puntos. As perdas de balón tamén nos castigaron de maneira especial permitindo canastras doadas ou ao contragolpe dos noso rivais. Ao remate do encontro un inapelable 54-34. Identificamos que aínda temos moitos aspectos nos que mellorar pero seguiremos a traballar para acadar o nivel de xogo que o Vicus merece. Forza Vicus!💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2020
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2020
0 comentarios:
Publicar un comentario