C.B. Mariano 54 - 52 Vicus C.B.
Decimonovena xornada de Vigo en Xogo, primeira xornada da segunda fase. O Vicus enfrontabamosnos de novo a C.B.Mariano. Trala derrota contra os mesmos na derradeira xornada da primeira fase, recuperabamos parte das baixas do partido anterior. Este encontro estivo marcado por unha gran igualdade, sen que ningún dos dous equipos fose quen de abrir distancias claras no marcador. O Mariano fixo dano co seu acerto exterior, mentres o Vicus cargaba o xogo interior. A primeira parte rematou cun axustado 25-23. Na segunda metade o Vicus dispuxo de algunhas mínimas vantaxes pero chegouse a un final igualado e uns postreiros tiros libres anotados polo Vicus forzaron a disputa do tempo extra. Na prórroga mantívose o equilibrio no electrónico pero certos nervios e perdas de balóns condenaron ao Vicus a sumala súa segunda derrota consecutiva, cuarta da competición 54-52. A nosa competitividade foi boa e calquera dos dous equipos puido terse levado a victoria.
Neste encontro, ademáis, tivémola satisfacción de estreala nosa nova equipación, que nos axudaron a deseñar os nosos amigos de Fuikaomar.es Quedaron moi guapas!!
Aínda restan monitos encontros. Forza Vicus!
.
📸Juan Campos Matos
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso2019
#TomaEquipaciónNova
#ComoRecurtamosEnSilueta
#QuePorteQuePercha
#CalqueraTrapitoQueNosPomos
Ficha Técnica
| ||
09-03-2019
19:15 Pabillón de Teis
Estatísticas
| ||
C.B.Mariano
|
Vicus C.B.
| |
1º Tempo
|
25
|
23
|
2º Tempo
|
19
|
19
|
Final
|
54
|
52
|
0 comentarios:
Publicar un comentario