Vicus C.B. 45-39 Fisiomiño Xestas
Vixésimosexta xornada de Vigo en Xogo. Nun agardado encontro O Vicus enfrontabamosnos ao líder do play off, Fisiomiño, con posibilidades de superalo na clasificación e acadámolo. O partido foi disputado como agardabamos e os dous mellores equipos da división puxemos todala carne no asador para levala vitoria. O primeiro tempo escomezou co Vicus concentrado e acadando as primeiras vantaxes no marcador, iso si nunca máis aló dos dez puntos, cunha boa defensa e rebote, tanto ofensivo coma defensivo, nestes primeiros 25 minutos, para rematar cunha máxima renda de oito puntos arriba no electrónico 20-12. Tralo descanso Fisiomiño saiu disposto a cambiala dinámica, e adiantando a presión, sacáronlle rendemento as nosas perdas de balón reducindo a vantaxe en apenas 2 minutos a dous puntos. O encontro escomezaba de novo e tras tempo morto o Vicus voltamos a concentrarnos e recuperamos o noso mellor xogo, pero o encontro xa estaba destinado a ser igualado ate o fin. Mantivemosnos por diante no marcador sacando rédito do elevado número de faltas de Fisiomiño e resistindo os seus derradeiros intentos a triplas. Ao final 45-39, cunha meritoria vitoria que nos fai líderes da clasificación e nos permite depender de nos mesmos no derradeiro encontro para proclamarnos campións. Queremos mostrar tamén o noso agradecemento aos familiares e amigos que nos apoiaron dende a grada neste encontro. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso
#AscendidoASegunda
#ApoloPrimeiroPosto
#PartidoOhMama
#ParabensMamás
#ParabensMamásVicusiñas
#UnhaNaiÉunhaNaiEaTiAtopeiteNaRua
Ficha Técnica
| ||
05-05-2019
18:00 Pabillón do Carme
Estatísticas
| ||
Vicus C.B.
|
Fisiomiño
| |
1º Tempo
|
20
|
12
|
2º Tempo
|
25
|
27
|
Final
|
45
|
39
|
0 comentarios:
Publicar un comentario