Vigo en Xogo: Xornada 18

C.B. Mariano 52 - 42 Vicus C.B.
Decimoitava xornada de Vigo en Xogo, derradeiro da primeira fase. Trala xornada de descanso o Vicus C.B. suma a súa terceira derrota na competición fronte a C.B. Mariano. Un partido no que nos presentabamos con ausencias e non puidemos facer o noso xogo, aínda así a primeira metade rematou con vantaxe para o Vicus 16-23.
Nembargantes un alto acerto dende a liña de 3 do Mariano deulle a volta ao electrónico para rematar cun desfavorable 52-42 para os nodos intereses. A derrota non ten incidencia na clasificación e pasamos á segunda fase como segundos. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#Entroido


Ficha Técnica
02-03-2019
20:00 Pabillón de Bembrive
Estatísticas

C.B.Mariano
Vicus C.B.
1º Tempo
16
23
2º Tempo
36
19
Final
52
42

0 comentarios:

Publicar un comentario