Vigo en Xogo: Trofeo de Copa Rolda 1

Vicus C.B. 36 - 45 Amenaza
Primeria rolda do Trofeo de Copa de Vigo en Xogo, o Vicus sufrimos unha derrota e quedamos eliminados na competición do KO. Hai que dicir, que non fomos afortunados sorteo e tocounos enfrontarnos a un equipo de primeira división, Amenaza, que a pesares de que estivo a xogar a fase de descenso, rematouna en segundo lugar empatado a puntos co primiero. Estamos falando, pois, dun equipo da metade alta da primiera división e o Vicus dímola cara dende logo. No primiero tempo pagamola inactividade xa que levabamos 3 semanas sen competir e os nosos rivais acadaron pronto unha boa renda que fixo rematalo primero acto cun parcial 6-22.
No segundo tempo cambiamos a nosa defensa a individual e melloramos  o  acerto en ataque e a pesares de por momento recurtamos a vantaxe e por momentos semellaba que a machada era posible mais ao final non foi así e o partido escapóusenos cun marcador final 36-45. Despedímonos dunha exitosa tempada con bo sabor de boca, preparados para desfrutar dun merecido descanso. Forza Vicus!


Ficha Técnica
2-06-2019
12:30 Travesas Pista Vermella
Estatísticas

Vicus C.B.
Amenaza
1º Tempo
6
22
2º Tempo
30
23
Final
36
45

0 comentarios:

Publicar un comentario