Vigo en Xogo: Xornada 4

Vicus C.B. 29 - 40 Amfiv2
Cuarta xornada de Vigo en Xogo. O Vicus encadeamos a terceira derrota consecutiva no inicio desta tempada na segunda división. Desta xeira fronte a Amfiv 2 un equipo que presupoñemos estará na nosa loita pola permanencia. O partido estivo máis disputado que encontros anteriores e o Vicus melloramos a nosa imaxe cunha maior intensidade en defensa, pero seguimos a estar moi lastrados pola nosa deficiencia anotadora. O primiero parcial rematou 11-18 pero sentiamos que aínda estabamos en disposición de loitar pola victoria.
No segundo acto ainda con fases de desacerto por ambos equipos, acadamos achegarnos ata os 5 puntos de diferenza pero ao final non puido ser e o o encontro rematou 29-40, unha renda de 11 puntos que non reflexa o disputado do enfrontamento entre estes dous equipos. Con algo mais de moral que tralos dous partidos previos seguiremos a loitar por rompela racha de derrotas. Forza Vicus!



Ficha Técnica
16-11-2019
18:00 Pista Vermella Travesas
Estatísticas

Vicus C. B.
Amfiv 2
1º Tempo
11
18
2º Tempo
18
22
Final
29
40

0 comentarios:

Publicar un comentario