Vicus C.B. 42 - 54 Fisiomiño Xestas
Vixésima xornada de Vigo en Xogo, que corresponde co noso segundo partido da fase de ascenso. O Vicus enfrontábase a Fisiomiño, equipo que rematou como líder a primeira fase. O partido mantívose con igualdade durante toda a primeira metade e só nos últimos intres, un cambio a defensa individual de Fisiomiño, cun aumento da presión sobre a subida de balón, provocounos unha serie de perdas que concederon canastras fáciles, permitindo aos nodos rivais irse ao descanso cunha renda de 7 puntos (25-18). Na segunda metade a tónica de igualdade tamén se mantivo e aínda que o Vicus non lle perdemos cara ao encontro tampouco fomos quenes de reducir a vantaxe. Nos últimos minutos, co partido xa sentenciado, o Vicus baixamos un pouco os brazos físicamente e en concentración. O resultado final 42-54 déixanos un sabor agridoce por sela terceira derrota consecutiva pero tamén ca sensación de que se xogamos como sabemos e concentrados todo e encontro poderemos gañarlle a este equipo. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso2019
Ficha Técnica
| ||
09-03-2019
18:00 Pabillón de Teis
Estatísticas
| ||
Vicus C.B.
|
Fisiomiño
| |
1º Tempo
|
18
|
25
|
2º Tempo
|
22
|
29
|
Final
|
42
|
54
|
0 comentarios:
Publicar un comentario