Vigo en Xogo: Xornada 24

Vicus C.B. 51 - 33 El Garaje
Vixésimo cuarta xornada de Vigo en Xogo. Pechamos a segunda volta da fase de ascenso con pleno de vitorias trala derradeira sumada fronte a El Garaje. O partido manexouse, no seu primeiros período, en diferenzas arredor dos 10 puntos a prol do Vicus que pese a despregarmos un bo xogo non acadamos incrementar mais dita renda. Destacou o xogo baixo os taboleiros dos nosos pivotes (29-21).
No segundo tempo alternamos as defensas individual e en zoa, o que semellou activarnos a nós e máis poñer en dificultades aos nosos rivais polo que de vagar acadamos unha renda máis cómoda que nos permitiu chegar a un final de encontro sen sobresaltos e pechalo co definitivo 51-33. Unha importante vitoria, mantemos a segunda praza en solitario e afrontamos a derradeira volta con tódalas opcións abertas, na competición. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso

Ficha Técnica
14-04-2019
16:45 Pabillón de Teis
Estatísticas

Vicus C.B.
El Garaje
1º Tempo
29
21
2º Tempo
22
12
Final
51
33

0 comentarios:

Publicar un comentario