Vicus C.B. 39 - 54 Fisiomiño
Segunda xornada de Vigo en Xogo, como na xornada anterior tocaba enfrontarnos a un rival coñecido, Fisiomiño Xestas. Un opoñente de gran nivel que xa se mostrou o ano pasado coma o equipo máis forte da competición. Ademáis se reforzou adecuadamente para esta tempada na zoa interior. O encontro comezou con pouco acerto no tiro exterior dos nosos rivais que xunto cunha inesperada firmeza no rebote defensivo permitiunos levar unha certa vantaxe incial no taboleiro. Nembargantes, pouco a pouco, o seu acerto mellorou e comprobouse que o partido estaba destinado a ser igualado, rematando a primeira metade cun 18-25.
No segundo acto, unha serie de perdas de balón do Vicus fixo que Fisiomiño se estirase no marcador, e ainda que o Vicus reaccionou só foi quen de parala emoraxia que non de reducila vantaxe acadada. Ao final unha xusta derrota 39-54 ante un dos candidatos a campión da división. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2020
Ficha Técnica
|
27-10-2019
16:15 Pavillón do Bervés
|
|
Vicus C.B.
|
Fisiomiño
|
1º Tempo
|
18
|
25
|
2º Tempo
|
21
|
29
|
Final
|
39
|
54
|
0 comentarios:
Publicar un comentario