Vigo en Xogo: Xornada 21

El Graje 40 - 62 Vicus C.B.
Vixésimo primera xornada de Vigo en Xogo. Rematamos a primeira volta da fase de ascenso cunha vitoria fronte a El Garaje que rompe cunha racha de tres derrotas consecutivas. O partido mantívose igualado durante a primeira metade, pequenos estiróns do Vicus eran respostados por canastras dos nosos rivais dende o perímetro e a pesar de que nalgún intre a renda chegou ate os 6 puntos, finalmente pechouse o período cunha mínima vantaxe de 3 puntos (25-28).
Para comezala segunda parte, o Vicus decidimos cambiala defensa a individual o cal dou resultados positivos axiña. Permitiunos abrir, por fin, unha brecha estable no electrónico, con varios contragolpes acertados e pechando mellor o rebote defensivo, privando a El Garaje de segundas oportunidades no ataque. Ao final primeira vitoria da fase de ascenso 40-62. O Vicus conseguiu sacar adiante un encontro que non era doado tanto pola racha negativa que traiamos ás costas como polas instalacións asignadas, de lonxe a peor pista do que levamos de competición: superficie de terrazo esbaradiza, taboleiros despintados e aros ríxidos, e obvio para calquera que o Pabillón do Carme pide a berros unha renovación. Forza Vicus!
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso


Ficha Técnica
24-03-2019
15:30 Pabillón do Carme
Estatísticas

El Garaje
Vicus C.B.
1º Tempo
25
28
2º Tempo
15
34
Final
40
62

0 comentarios:

Publicar un comentario