Fisiomiño Xestas 39 - 40 Vicus C.B.
Vixésimo terceira xornada de Vigo en Xogo. Acadamos unha meritoria vitoria fronte ós, ate agora invictos, Fisiomiño. O partido foi igualado case todo o tempo, se ben fomos o Vicus quenes dispuxemos de vantaxes no primeiro parcial pero os nosos propios erros permitían os nosos rivais igualalo partido de novo. De todolos xeitos pechamos o primeiro tempo dispoñendo dunha renda de 8 puntos (15-23). No segundo tempo apretouse de novo o marcador. O Vicus dispuxo de bonus por faltas durante boa parte do período pero non tivémolo día dende a liña de tiros libres. A pesares de que afrontámolos derradeiros minutos cunhas vantaxe de 4 puntos, novos erros por precipitacións permitiron a Fisiomoiño entrar no último minuto con empate no electrónico. Unha falta levou os nosos rivais a liña de personal, anotando un só dos tiros para poñerse un punto por riba á falta de 27 segundos. No ataque seguinte forzamos unha penetración na que non se pitou persoal nin houbo canastra, pero a fortuna fixo que nos favorecese o rebote, acadando a canastra que nos puxo con vantaxe dun punto á falta de 5 segundos para rematar. Fisiomiño pediu tempo morto e o xogo reanudouse en campo de ataque, pero a xogada saldouse con fallo no tiro e no rebote tras varios rexeites consumiuse o tempo. Ao final 39-40, infliximos a primeira derrota da tempada aos nosos rivais e mantemos as opción de rematar primeiros a competición. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso
#PavillonDoCarmeÉBen
Ficha Técnica
| ||
07-04-2019
16:45 Pabillón do Carmen
Estatísticas
| ||
Fisiomiño
|
Vicus C.B.
| |
1º Tempo
|
15
|
23
|
2º Tempo
|
24
|
17
|
Final
|
39
|
40
|
0 comentarios:
Publicar un comentario