Vicus C.B. 55 - 32 C.B. Mariano
Vixésimo segunda xornada de Vigo en Xogo. Escomezamos a segunda volta da fase de ascenso acadando unha importante vitoria fronte a C.B Mariano rivais que nos gañaran nos dous últimos enfrontamentos directos. O partido comezou con acerto dende a liña de 3 de Mariano con dúas triplas consecutivas que neutralizaron as nosas primeiras vantaxes. Mantivéronse esta primeira metade cunhas distancias mínimas no marcador sempre a prol do equipo visitante ate que unha serie de erros do Vicus foron castigados por Mariano colleitando unha vantaxe de 7 puntos. Á falta de algo menos de 3 minutos para o descanso, tras un tempo morto local, trocamos a defensa ao home, e acadamos un parcial 5-0 para pechar o primeiro acto cun 19-21 e con todo por decidir. Tralo descanso, co Vicus mantendo a mesma defensa, os nosos rivais seguiron tendo serías dificultades para atacala. Mellorou o noso rebote defensivo o que propiciou canastras de contraataque que axiña abriron distancia no electrónico, aos que tamén se sumaron un bo acerto en tiros de media distancia dos nosos aleiros. Ao final 55-32 e acadámola segunda vitoria nesta fase de ascenso que nos permite subir ao segundo posto da clasificación e afrontar cheos de confianza o noso próximo encontro contra os líderes. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#LigaDeAscenso
Ficha Técnica
| ||
31-03-2019
18:00 Pabillón de Teis
Estatísticas
| ||
Vicus C.B.
|
C.B. Mariano
| |
1º Tempo
|
19
|
21
|
2º Tempo
|
36
|
11
|
Final
|
55
|
32
|
0 comentarios:
Publicar un comentario