Carbón Bemafrica 38 - 46 Vicus C.B.
Quinta xornada de Vigo en Xogo. O Vicus acadamos a nosa segunda vitoria da tempada no encontro que nos enfrontaba ao equipo Carbón Bemafrica. Cun plantel ao completo,o Vicus dispuxemos dunha boa defensa individual que tralos primeiros ataques de intercambio de canastras púxonos por riba no electrónico. Con ventaxas que chegaron a ser de 11 puntos só unha fase de desacerto propio permitui aos nosos rivais achegarse no marcador para rematar o primeiro acto cun máis apertado 23-26.
O segundo acto discorreu polo mesmo sendeiro. De novo acadamos vantaxes entorno aos oito puntos pero na recta final, noutra fase de desacerto e perdas de balón, apretouse o marcador ate os 3 puntos de ventaxa no ultimo minuto e medio facendo sufrir pola vitoria. Unha canastra con adicional e outra canastra tras rebote dentro do derradeiro minuto a prol do Vicus selaron o encontro 36-48. Importante vitoria para o Vicus que rompe a racha de derrotas neste comezo de tempada para afrontar os vindeiros encontros con máis moral se cabe. Forza Vicus!
0 comentarios:
Publicar un comentario