E por fin chegou o final da primiera volta e o partido mías decisivo do ano. Se o Vicus quería seguir dependendo de sí mesmo para acadalo campionato precisaba gañar este encontro. Un encontro que nos enfrontaba aos gañadores dos ultimos anos desta competición e sen dubida o máis duro rival desta liga, 100 Tolos Puó de Amura. O encontro non defraudou e foi seguido por numeros público, a moir parte simpatizantes dos noso rivais pero tamen curiosos e membros de outros equipos da liga que se achegaron sabedores de que habia ser un encontro de alto nivel. A hora e o lugar (Pavillón do Bervés) tamén invitaba a achegarse a desfrutar do mellor baloncesto amater da cidade de Vigo, sen dubida. Foi un encontro moi disputado no que 100 Tolos impuxose na primiera metade froito dun mellor nivel e xogo colectivo. O vicus non estaba cómodo e ainda tivo que sufrir a grave lesion doutro xogador Roi Gómez cunha luxación de ombreiro que requeriu atención hospitalara. Malia o infortunio o importante foi que Vicus non lle perdeu a cara ao encontro e agarrouse a él agardando a súa oportunidade, 20-32 ao descanso. No segundo tempo dita oportunidade chegou na forma dunha actuación estelar do noso aleiro Álvar Vázquez que cun acertadísimo tiro exterior, seguridade nos tiros libres e acompañado en accions puntuais de vital importancia doutros xogadores, remontaron a desvantaxe, levándonos a un apoteósico triunfo final por 3 puntos 61-58. Acadamola indiscutible primeira posición na taboa clasificatoria, seguimos a depender de nos mesmos para acadalo campoinato e golpeamos primeiro aos nosos rivais directos polo campeonato. Oxe máis que nunca: Forza Vicus!
.
0 comentarios:
Publicar un comentario