Vigo en Xogo - Xornada 22


Na xornada 22 de Vigo en Xogo o Vicus C.B enfrontabamonos a Marrajos la Leyenda, un dos equipos que nos venceu esta tempada, no encontro da primiera volta. O encontro non foi doado e tiñamos gañas de mellorala imaxe dada no anterior, pero a primeira metada non despexou as dubidas e pechouse cun apretado 28-26 a prol do Vicus, cuns malos ultimos minutos de xogo. No segundo tempo mantivose a igualdade ainda que sempre estivemos por diante no electrónico e só ao final acadamos unha renda que nos permitui chegar aos derradeiros inters con tranquilidade. Acadamos a vitoria por 59-45, restauramos a imaxe da primiera volta e tachamos unha casilla máis do que nos queda de tempada. Forza Vicus! 

💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023

Ficha Técnica
2-04-2023
10:15 Balaidos

Vicus C.B.
Marrajos la Leyenda
1º Tempo
28
26
2º Tempo
31
19
Final
59
45

  

0 comentarios:

Publicar un comentario