Vigo en Xogo Xornada 23


Na xornada 23 de Vigo en Xogo ao Vicus nos tocaba enfrontarnos a RedSkins, un encontro que agardabamos fose máis doado que os últimos disputados, se ben novamente nin a pista nin o horario nos favorecían demasiado, Montecastelo é a pista na que perdimos os unicos partidos polo de agora e xogar un domingo as 9:30 soe atragantarnos. Comezamos a desperezarnos pouco a pouco na primiera metade e ir incrementando o ritmo paseniñamente intentando non facer regalos ao rival, acadamolo obxectivo a medias e a primiera parte fechouse cun 27-35 ao noso favor. Agardabamos que co paso dos minutos se impuxese a nosa calidade e así foi no segundo acto sen especial brillantez pero sen erros abrimola fenda no electronico ata rematar cun claro 48-63. Unha vitoria máis e un partido menos. Máis preto do noso obxectivo. Forza Vicus!
💪
.
Ficha Técnica
26-03-2023
9:30 Montecastelo

RedSkins
Vicus C.B.
1º Tempo
27
35
2º Tempo
21
28
Final
48
63

    

0 comentarios:

Publicar un comentario