Penúltimo encontro desta tempada na competición de liga, e último escollo antes do enfrontamento final. Nesta ocasión o rival era Uvigo, un dos equipos da zoa alta da clasificación, polo que non nos podiamos relaxar nin estar a pensar na derradeira xornada. O encontro arrincou con acerto pola nosa parte e fixemos un primer tempo serio e efectivo que nos dou unha boa renda de 13 puntos 43-30. No sefgundo tempo soubemos xestionar esa vantaxe e so nos derradeiros intres do partido nos deixamos levar un pouco co que o rival se achegou no electronico, ainda que nunca con opcions reais de poñer en perigo a vitoria. Ao final un marcador máis axustado do que se veu ao longo do encontro 68-61. O importante é que acadamola derradeira vitoria antes do enformtamento final con 100 Tolos, chegamos a este derradeitro partido con tódalas opcións intactas tal como nos propuxemos ao comezo da segunda volta. Agora a xogarnolo todo entre os dous mellores equipos da competicicion. Forza Vicus!

.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023
0 comentarios:
Publicar un comentario