A xornda 19 da Vigo en Xogo ollou a segunda derrota do Vicus. Un partido contra Hippo Talleres onde non nos sairon ben as cousas, a pesares de ir por diante no marcador en varias ocasions. O primiero tempo rematou cunha escasa vantaxe a prol do Vicus de 4 puntos 20-24. No comezo da segunda parte sendos contrataques semellaban dar o encontro por fechado abrindo un oco de ata 10 puntos pero un apagón de varios minutos no ataque do Vicus, algo sen precedentes nesta tempada, fixo que os noso rivais se meteran de novo no encontro e creran na vitoria. Tanto así que o Vicus entramos nos ultimo minutos con desventaxa no marcador e cun arreon a desesperada final fomos quenes de forzala prórroga 51-51. Semellaba que no tempo extra acabariamos por impoñernos pero un parcial 6-0 de saida dos noso rivais acabou por sentenzar un encontro raro onde nunca nos sentimos cómodos, 65-56 no electrónico final. Novamente toca facer reflexión dos erros cometidos, levantarnos e seguir traballando con concentración para evitar estas "idas" de partido. No balance positivo, aínda con esta derrota seguimos a depender de nos mesmos para ser campións de liga. Forza Vicus!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario