Vigo en Xogo - Xornada 20


Pechamos esta fin de semana de dobre partido co encontro correspondente a vixésimo xornada da competición fronte a La Gondola Lax Tatoo. O encontro previase tenso tras certos incidentes no da ida máis non foi o caso e transcorreu con total tranquilidade. Na primeira metade po Vicus impuxemos o noso ritmo ainda que un pouco máis feble na defensa que en outras ocasións concedemos mais puntos na nosa canastra do habitual pechando o tempo cun 36-29 no marcador. Na segunda parte mantívose a tónica cun xogo a medio gas seguramente por mor do cansazo da dobre xornada pero sen apuros excesivos, o Vicus anotouse unha nova vitoria co resultado final de 59-44. Limpamos a nosa conta pendente de partidos aprazados, agardamos que non teñamos mais xornadas dobres nun fin de semana, a competición vai chegando a un punto que todolos equipos acumulan esforzo e os aprazamentos son comúns. Forza Vicus! 

💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023

Ficha Técnica
18-03-2023
19:15 Balaidos

Vicus C.B.
La Gondola Lax Tatoo
1º Tempo
36
29
2º Tempo
23
15
Final
59
44

  

0 comentarios:

Publicar un comentario