Vigo en Xogo - Xornada 21


Chegamos a xornada vixésimo primiera da competición e tiñamos un duro enfrontamento contra o equipo Mar Ibérica, sen opcións a outra derrota precisabamo gañar si ou si. O encontro saeu disputado na primiera metade co Vicus por enriba sempre no marcador pero sen rompelo totalmente, pechouse o acto cun axustado 28-34. Na segunda metade unha vez máis incrementamolo noso ritmo e abrimos finalmente distancias no electrónico para acadar unha cómoda vitoria final 54-71. Importante vitoria que nos achega un chisco máis ao noso obxectivo, chegar a derradeira xornada dependendo de nos mesmos para acadalo título, pos 100 Tolos segue sen perder ningún encontro, con ningún outro rival nin agardamos que o faga. Forza Vicus!
💪
.
Ficha Técnica
26-03-2023
9:00 Balaidos 2

Mar Ibérica
Vicus C.B.
1º Tempo
28
34
2º Tempo
26
37
Final
54
71

    

0 comentarios:

Publicar un comentario