Vigo en Xogo - Xornada 16 Aprazado


No va fin de semana con xornada doble. No sábado recuperamos o partido aprazado da xornada 16 fronte a C.B. Inter de Melón. Trala derrota da semana pasada afrontamos o encontro ca responsabilidade de que non hai mas marxe para erros, a anterior derrota é a única que nos podemos permitir no que queda de tempada se queremos chegar ao derradeiro partido da liga contra 100 Tolos con dependendo de nos mesmos. Con esta mentalidade saimos en tromba e acadamos unha das mellores primieras metades da tempada deixando o encontro case sentenciado nos primieros 25 minutos, 43-20. Na segunda metade ainda levantando o pe do acelerador acadamos unha boa marca anotadora froito de canastras de contrataque doadas e das limitacións en ataque dos nosos rivais que presentaron un equipo xusto de efectivos. O encontro rematou cun inapelable 75-37. Voltamos a senda do triunfo e máis importante ao bo xogo colectivo.  Forza Vicus! 

💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023

Ficha Técnica
18-03-2023
19:15 Balaidos

Vicus C.B.
Inter de Melón
1º Tempo
43
20
2º Tempo
32
17
Final
75
37

  

0 comentarios:

Publicar un comentario