Vigo en Xogo - A hora da verdade

Chegamos ao final da competición e cun guión digno de película a fortuna quixo que no derradeiro encontro de liga nos enfrontemos os dous equipos que nos xogamos a vitoria final no campionato. 100 Tolos vs Vicus. Merecidamente os dous mellores equipos da competición. 100 Tolos chega con unha soa derrota, a colleitada contra o Vicus na primeira volta. O Vicus acumula dúas derrotas que non impiden que cheguemos a esta ultima xoranda coas opcións intactas. O que gañe será campión!! O partido de baloncesto máis atractivo do baloncesto amateur en Vigo destas ultimas tempadas!! E non é que o digamos nos! Vigo en Xogo mesmo recoñece a calidade deste encontro e nos facilita a mellor pista dispoñible en Vigo para disputalo: a Pista Central de Travesas!!! Se che gusta o baloncesto non o podes perder!!

📅Data: domingo 7.05.2023
⏲Hora: 20:00 horas
📍Lugar: Pista Central Pavillón de Travesas

Vigo en Xogo - Xornada 25 Descanso


Na xornada 25 da competicion ao Vicus C.B. tocalle xornada de descanso, seguimos a adestra seriamente para preparalo mellor posible o derradeiro e decisivo enfrontamento contra 100 Tolos na agardada xornada decisiva da liga. Forza Vicus! 

💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023

 

Vigo en Xogo - Xornada 24


Penúltimo encontro desta tempada na competición de liga, e último escollo antes do enfrontamento final. Nesta ocasión o rival era Uvigo, un dos equipos da zoa alta da clasificación, polo que non nos podiamos relaxar nin estar a pensar na derradeira xornada.

Vigo en Xogo Xornada 23


Na xornada 23 de Vigo en Xogo ao Vicus nos tocaba enfrontarnos a RedSkins, un encontro que agardabamos fose máis doado que os últimos disputados, se ben novamente nin a pista nin o horario nos favorecían demasiado, Montecastelo é a pista na que perdimos os unicos partidos polo de agora e xogar un domingo as 9:30 soe atragantarnos.

Vigo en Xogo - Xornada 22


Na xornada 22 de Vigo en Xogo o Vicus C.B enfrontabamonos a Marrajos la Leyenda, un dos equipos que nos venceu esta tempada, no encontro da primiera volta. O encontro non foi doado e tiñamos gañas de mellorala imaxe dada no anterior, pero a primeira metada non despexou as dubidas e pechouse cun apretado 28-26 a prol do Vicus, cuns malos ultimos minutos de xogo.

Vigo en Xogo - Xornada 21


Chegamos a xornada vixésimo primiera da competición e tiñamos un duro enfrontamento contra o equipo Mar Ibérica, sen opcións a outra derrota precisabamo gañar si ou si. O encontro saeu disputado na primiera metade co Vicus por enriba sempre no marcador pero sen rompelo totalmente, pechouse o acto cun axustado 28-34.

Vigo en Xogo - Xornada 20


Pechamos esta fin de semana de dobre partido co encontro correspondente a vixésimo xornada da competición fronte a La Gondola Lax Tatoo. O encontro previase tenso tras certos incidentes no da ida máis non foi o caso e transcorreu con total tranquilidade.