Vicus C.B. 54 - 9 C.B. Mariano
Na novena xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. retomabamos a competición tras 3 semanas de descanso. Un partido importante xa que o noso rival, C.B Mariano, atopábase empatado a vitorias co noso equipo, polo que o segundo posto da clasificación estaba en xogo ao remate da primeira volta da competición. O partido escomezou cun intercambio de canastras, e tras un triple do Mariano que puxo o taboleiro 5-8 ao seu favor (minuto 3), o Vicus pediu tempo morto. Cos bos consellos dende o banco, axustámola defensa e melloramos a paciencia no ataque. Secamos aos nosos rivais que non foron quen de anotar ningún punto no que restaba de primeiro acto. Cun parcial de 25-0, rematou a primeira parte reflexando un 30-8 no electrónico.
Na segunda parte, ainda se estendeu máis o parcial e froito da nosa seriedade defensiva e do seu desespero fixemos que o nosos rival só anotasen un punto de tiro libre en todo o segundo acto. Ao final, un abultado 54-9 que nos sitúa como segundos en solitario na clasificación e con tódolas enerxías en alto para comezala segunda volta.
Forza Vicus! 💪
.
Ficha Técnica
|
23-12-2018
19:15 Pabillón de Teis
|
|
Vicus C.B.
|
C.B. Mariano
|
1º Tempo
|
30
|
8
|
2º Tempo
|
24
|
1
|
Final
|
54
|
9
|
0 comentarios:
Publicar un comentario