Vigo en Xogo: Xornada 3

Fisiomiño Xestas 55 - 44 Vicus C.B.

A terceira xornada do Vigo en Xogo trouxo a primeira derrota do Vicus C.B. Un encontro disputado contra os segundos clasificados Fisiomiño Xestas. Os nosos rivais xogaron un primeiro tempo con mais intensidade, unha maior rotación froito do seu amplo banquillo e aprobeitando os noso erros, acadando unha renda que foi unha pesada lousa para O Vicus.

A pesares de mellorarmos no segundo acto, e estar moi preto de deixar a diferencia no taboleiro por debaixo da barreira psicolóxica dos dez puntos, esta ficou ao final nun -11. Extraemos, de todolos xeitos, boas conclusións do partido: non lle perdemos a cara ao encontro e agardamos seguir a mellorar nos aspectos que saíron peor neste.
Forza Vicus!! 💪💪
.
.
#VicusCB
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2018

Ficha Técnica
3-11-2018
16:00 Pabillón de Navia

Fisiomiño Xestas
Vicus C.B.
1º Tempo
35
16
2º Tempo
20
28
Final
55
44

0 comentarios:

Publicar un comentario