NBAD 30 - 50 Vicus C.B.
Quinta xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acadamos a nosa cuarta victoria fronte NBAD. Cunha saída ao terreo de xogo con boa concentración ofensiva e defensiva, acadando unha renda positiva que foi medrando en todo momento durante o primeiro acto ate finalizar 14-36.
Na segunda parte NBAD saíu disposto a reducir a vantaxe con tiros rápidos e maior intensidade defensiva. Froito do seu acerto e tamén da nosa relaxación a diferencia estancouse, se ben non lle perdemos a cara o encontro e non houbo e ningún momento sensación de que a remontada fose posible. Contentos polo papel de todo o equipo, sumando unha nova victoria que nos mantén na segunda praza do campionato.
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2018
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2018
Ficha Técnica
| ||
18-11-2018
12:45 Pabillón de Bouzas
| ||
NBAD
|
Vicus C.B.
| |
1º Tempo
|
14
|
36
|
2º Tempo
|
16
|
14
|
Final
|
30
|
50
|
0 comentarios:
Publicar un comentario