Vigo en Xogo: Xornada 10


Vicus C.B. 66 - 23 Sandra Cal Decoración

Na décima xornada do Vigo en Xogo que se corresponde co inicio da segunda volta, o Vicus C.B. acada a novena vitoria da tempada fronte a Sandra Cal Decoración, colistas da clasificación. Comezamos o encontro dun xeito lixeiramente precipitado en ataque e cun punto menos de intensidade defensiva que fixo que tardasemos en abrir clara brecha no marcador. Pechouse o primeiro acto con rachas de bo xogo aínda que faltou un chisco de continuidade, cun marcador de 29-13.
No segundo tempo, e co paso dos minutos, fomos impoñendo o noso ritmo e o rival foi cedendo terreo de xeito moito máis claro. A distancias no marcador incrementáronse xa sen pausa. Dúas canastras triples consecutivas de Sandra Cal Decoración nas postrimerías do choque elevaron a súa conta anotadora ata os 10 puntos neste segundo acto, para pechar o encontro co consabido resultado final de 66-23. Algo axudou a visita duns elfiños que nos viñeron animar. Moitas grazas!

Forza Vicus! 💪e Forza Élfica! 
.



Ficha Técnica
29-12-2018
16:00 Pabillón de Teis

Vicus C.B.
Sandra Cal Decor.
1º Tempo
29
13
2º Tempo
37
10
Final
66
23

0 comentarios:

Publicar un comentario