Na segunda xornada da competición de Vigo en Xogo, o Vicus CB nos enfrontabamos a Carbón Bemáfrica. No primero tempo o único recurso dos nosos rivais foi o tiro exterior, metres o Vicus cargabamos o xogo nos nosos homes da pintura combinados en ocasións con precisos cortes cara canastra dos homes exteriores. Co Vicus sempre por riba no taboleiro, os nosos rivais mantiñan o tipo por rachas dependendo se encadeaban varios ataques de acerto exterior, pero en xeral o Vicus mantivemos a calma, non nos precipitamos nos intres de arreóns do rival e fomos traballando unha renda no marcador. Un alto porcentaxe das xogadas de ataque do Vicus acababan en canastra ou falta, algo que os rivais acusaron ao final do encontro. O primiero tempo acabou cun esforzo final do Vicus que estirou a renda ata os 14 puntos (31-17). Xa no segundo acto o encontro perdeu un chisco de intensidade e o Vicus fomos quen de manter a renda sen especiales dificultades, o número de faltas cometidas polo equipo contrario levoulles a disputar o derradeiro minuto só con 3 xogadores, xa co partido decidido. Ao final, un claro 54-37 no electrónico e seguimos pola senda da victoria con outra boa actuación colectiva. Forza Vicus!

.
0 comentarios:
Publicar un comentario