Na primeira xornada debutamos contra un vello conecido C.B. Mariano. Afrontabamos o encontro sen adestramento algún pero coa ilusión de regresar as pistas.
Xa entrando no propiamente deportivo, poucas mellores maneiras se me ocorren de regresar a competición que a victoria que acadamos onte. O encontro non tivo un ritmo elevado por ningún dos dous equipos pero o Vicus comezamos golpeando dende o perimetro e tamén moi sólido no rebote defensivo co que foi traballando unha renta paseninamente. O primeiro parcial rematou cun moi favorable 8 - 22. Xa na segunda metade contrarestouse a reacción inicial de saída dos nosos rivais con acerto no tiro dos nosos homes exteriores e con máis rebote defensivo que ata permitui sacar algúns contragolpes rematados en bandexa. Pechamos o encontro cun sólido 21-43 que nos deixa un fantástico sabor de boca. Por suposto, se nos nota a inactividade pero o equipo actuou unido e con cabeza. Facendo o que sabe facer e cas novas incorporacións aportando calidade e arroupnado ao resto do equipo. .

0 comentarios:
Publicar un comentario