Vigo en Xogo - Xornada 3

Terceira xornada de Vigo en Xogo tiñamos como rival a Castrelanos un equipo que tamén viña invicto tralos dous primeiros encontros ligueiros. Un equipo xoven e con moi bo saber facer. Pero o Vicus despregamos un xogo salientable especialmente pola súa machacona constancia que foi facendo mella no noso rival. No primero tempo o xogo interior e tiros dende o perímetro foron as nosas mellores armas, e ainda que nalguns intres os nos rivais, encadenando rachas de acerto de tiro, reduciron a vantaxe por debaixo da barreira psicolóxica dos 10 puntos, axiña se impoñia de novo esa constancia do Vicus acadando a maior renda no final do primeiro acto (30-15).
No segundo tempo, de novo unha saída buscando a reacción dos nos rivais e de novo a Vicus respostando cun ritmo constante de anotación que castiga duramente aos rivais. De novo houbo bos balons dentro-fora e circulacions de balón polo perímetro con alguns destacables acertos no tiro exterior. O tempo iase consumindo e a vantaxe voltaba a estar nos 15 puntos inciais, a sensación de estar de volta na casilla de partida foi mermando aos nos rivais, mentres o Vicus ainda era que de aumentala renda no electrónico con algunas contras rápidas que acabaron bandexas de gran mérito. Os final un moi bo resultado 62-42 para o Vicus que lle gaña a un dos equipos ata agora invictos e nos da Moita confianza para seguir por este camiño.
.
Forza Vicus! 💪
.
#VigoEnXogo2022 

Ficha Técnica
12-12-2021
20:00 Carmen
Estatísticas

Castrelanos
Vicus C.B
1º Tempo
15
30
2º Tempo
27
32
Final
42
62



0 comentarios:

Publicar un comentario