Vicus C.B 57 - 19 Raiders
Decimosexta xornada de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acada unha nova vitoria na primeira fase da competición ante Raiders. O partido escomezou desacertado de cara a canastra pola parte de ámbo-los dous equipos de xeito que pasados cinco minutos de xogo o resultado aínda era 4-0. Pero pouco a pouco o Vicus foi convertindo en canastras máis ataques namentres Raiders víase castigado físicamente e polas personais, coas súas habituais protestas. Unha serie de rápidos contraataques fixo que ao peche do primeiro acto o Vicus abriramos brecha no electrónico (26-9).O segundo tempo continuou polo mesmo guión, co Vicus asegurando máis o rebote defensivo o que nos permitiu acadar claros contraataques. Dúas técnicas con descalificación incluída e outro xogador eliminado por cinco faltas remataron de sacar do partido a Raiders. Ao final, cómoda vitoria de Vicus por 57-19, xusto antes da xornada de descanso e do derradeiro encontro da primeira fase. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
Ficha Técnica
| ||
16-02-2019
15:30 Pabillón de Travesas (Vermella)
Estatísticas
| ||
Vicus C.B.
|
Raiders
| |
1º Tempo
|
26
|
9
|
2º Tempo
|
31
|
10
|
Final
|
57
|
19
|
0 comentarios:
Publicar un comentario