Openworld 24h 40 - 65 Vicus C.B.
Decimoquinta xornada de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. prosegue a súa andadura na competición cunha nova vitoria no enfrontamento contra OpenWorld 24h. No primeiro tempo o Vicus non foi quen de impoñer un ritmo que lle permitise abrir distancia no marcador. O xogo desenvolveuse por rachas de acerto e desacerto nas que os nosos rivais atopábanse máis cómodos, ate rematar cun 13-21, máis axustado do esperado, no electrónico.No comezo do segundo tempo, tras uns primeiro intres nos que a vantaxe se reduciu a 5 puntos a favor do Vicus, unha serie de contraataques e xogadas de 2+1 romperon o encontro ao noso favor. As defensas non foron de ningún xeito protagonistas e a anotación este segundo acto foi elevada nos dous equipos 27-44, para levar o tanteo final ao 40-65. Xa estamos moi preto de finalizala primeira fase da competición, aínda precisamos recuperar xogadores lesionados mais algún tocado de este encontro que agardamos non sexa serio. Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
Ficha Técnica
| ||
10-02-2019
15:30 Pabillón de Teis
Estatísticas
| ||
Openworld24h
|
Vicus C.B.
| |
1º Tempo
|
13
|
21
|
2º Tempo
|
27
|
44
|
Final
|
40
|
65
|
0 comentarios:
Publicar un comentario