Vigo en Xogo: Xornada 14


Vicus C.B. 64 - 25 NBAD


Decimocuarta xornada de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acada unha nova victoria no seu enfrontamento contra NBAD. O Vicus mantivemos un alto ritmo de xogo, sendo un dos encontros que mellor concentración tivemos de inicio acadanado un parcial de 14-2 ao abrilo partido. Sen sufrir ningún dos nosos baches habituais de xogo a diferencia non fixo máis que medrar. Xunto cunha defensa que os nosos rivais non eran quenes de superar rematou o primeiro parcial con un sentenciador 29-6.
No segundo acto voltamos a poñer en práctica a defensa individual pensando no playoff e mantivemos a intensidade de ataque para pechar o encontro cun abultado 64-25. Á falta tres partidos para finalizala primeira fase da competición ca moral por todo o alto, agardando recuperalos xogadores tocados. Forza Vicus! 💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019



Ficha Técnica
02-02-2019
16:45 Pabillón de Teis
Estatísticas

Vicus C.B.
NBAD
1º Tempo
29
6
2º Tempo
35
19
Final
64
25

0 comentarios:

Publicar un comentario