El Garaje 29 - 60 Vicus C.B.
Chegamos á undécima xornada do Vigo en Xogo trala pausa na competición pola festividade de Reis, co primeiro encontro de 2019 que nos enfrontaba a El Garaje. Neste encontro contabamos con dúas baixas significativas, os dous bases do equipo, así coma un novo fichaxe. O partido escomezou cun intercambio de canastras pero aos poucos minutos O Vicus acadaba as primeira vantaxes no marcador. Asegurando o rebote defensivo concedemos poucas segundas oportunidades ao ataque rival, namentres no campo contrario un mellor acerto máis un destacable rebote ofensivo afianzou o marcador, rematando a primeira parte cun 14-30 no electrónico.A segunda metade continuou a mesma dinámica ate tal punto que os parciais deste acto foron practicamente idénticos aos do primeiro 15-30. Unha vitoria máis para o Vicus C.B. agardando o importante partido da vindeira xornada contra os líderes da clasificación.
Forza Vicus! 💪
.
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#DesfacendoTurrons
Ficha Técnica
| ||
13-01-2019
18:45 Pabillón de Teis
| ||
El Garaje
|
Vicus C.B.
| |
1º Tempo
|
14
|
30
|
2º Tempo
|
15
|
30
|
Final
|
29
|
60
|
0 comentarios:
Publicar un comentario