Vicus C.B. 45 - 48 Fisiomiño Xestas
Na duodécima xornada de Vigo en Xogo tiñamos un enfrentamento no máis alto da clasificación, primeiros contra segundos. Un encontro que non defraudou en intensidade e tensión por momentos entre, sen lugar a dúbidas, os mellores equipos da categoría. O encontro comenzou con Fisiomiño amosando un gran acerto no tiro exterior. O Vicus con máis dificultades anotadoras e cuns minutos de desacerto e custosas perdas de balóns acumulamos unha desventaxa de 22 puntos. Nembargantes, antes de rematalo primero acto comezamos a invertir a dinámica do encontro, reducindo a vantaxe de Fisiomiño ate rematar cun 15-27.No comezo do segundo tempo, os primeiros ataques foron de novo para os nosos rivais pero non foi máis que un espexismo, e paulatinamente a diferenza foise reducindo chengando a un final axustadísimo cos dous equipos loitando pola victoria. Non faltaron tensións nin as polémicas nas decisions arbitrias. Ao final derrota do Vicus por 3 puntos 45-48, pero con boas sensación de cara aos próximos enfrentamentos no play off.
Unha pedra no camiño non é nada! Forza Vicus! 💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
Ficha Técnica
| ||
19-01-2019
18:00 Pabillón de Teis
| ||
Vicus C.B.
|
Fisiomiño Xestas
| |
1º Tempo
|
15
|
27
|
2º Tempo
|
30
|
21
|
Final
|
45
|
48
|
0 comentarios:
Publicar un comentario