Chegamos á xornada 19 da competición Vigo en Xogo e trala decisiva victoria ante Chocobasket afrontamos unha xeira de encontros contra equipos da parte media e baixa da táboa clasificatoria. Nesta xornada nos enfrontabamos a Nutribiótica.
O encontro aprazado da xornada 18, no que nos tiñamos que enforntar a Certfix, e que iamos disputar o sábado 23 de abril, foi dado por victoria 20-0 a prol do Vicus por incoparecencia do equipo rival. Era unha oportunidade para ver as novas instalacións de Balaidos pero tendo en conta que tiñamos un equipo de 6 xogadores dispoñibles e que afrontabamos un fin de semana con 2 encontros non nos veu mal de todo anotar unha nova victoria no casilleiro sen esforzo. Forza Vicus!

O Vicus C.B. solicitamos o aprazamento do noso enfrontamemto da xornada 18 contra Certifix xa que tiñamos unha serie de baixas previstas para todo este fin de semana.
Na xornada 17 tiñamos un dos partidos decisivos desta segunda volta. Un enfrontamento contra o segundo clasificado Chocobasket que podía escalrecer non só o ascenso sed non a propia vitoria final da división. O Vicus pasamolo reto con boa nota, un partido disputado pero no que sempre estivemos por diante no marcador.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)