Presentación Torneo Nadal 2010

Torneo de Nadal 2010


Boas a tod@s,

despois de algo de tempo sen actualizar, velaquí estamos un ano máis para celebrar o noso XV Torneo de Nadal - Memorial Fernando Vázquez, como habitual xa nestas datas do Nadal.

Nesta ocasión os convidados para o torneo triangular serán:
o C.B. Puerto de Vigo, xa convidado noutras edicións e que colabora có VICUS CB patrocinando o evento.

e o equipo de Vigo Xogos, Piñeiro KCE, que xogará connosco por primeira vez nesta edición.


A eles agradecemos a súa participación e disposición pra participar nesta XV edición do Torneo que este ano vaise celebrar:

Lugar: Pavillón do Berbés
Horario: Domingo día 19 de Decembro das 9.30 ás 14.30 horas.

Por último, queremos agradecer especialmente á Consellería de Deportes do Concello de Vigo, que un ano máis apoia e da pulo a esta iniciativa a través do seu patrocinio.


Unha aperta a tod@s

Vicus C.B.

0 comentarios:

Publicar un comentario