Presentación Torneo de Nadal 2009


Boas a tod@s,

un ano máis imos celebrar o noso Torneo de Nadal - Memorial Fernando Vázquez, xa case tradicional nestas datas, pois con esta xa van 14 edicións.

Nesta ocasión os convidados serán:
o Club Baloncesto Baiona

e o Puerto Vigo, que xa foi convidado noutras edicións e que colabora có VICUS CB patrocinando o evento.

A eles agradecemos a súa participación e disposición pra participar nesta XIV edición do Torneo. Por último, agradecemos especialmente á Consellería de Deportes do Concello de Vigo, que un ano máis da pulo a esta iniciativa a través do seu patrocinio.


Unha aperta a tod@s

Vicus C.B.

0 comentarios:

Publicar un comentario