
Boas a tod@s,
despois de algo de tempo sen actualizar, velaquí estamos un ano máis para celebrar o noso
XV Torneo de Nadal - Memorial Fernando Vázquez, como habitual xa nestas datas do Nadal.
Nesta ocasión os convidados para o torneo triangular serán:
o
C.B. Puerto de Vigo, xa convidado noutras edicións e que colabora có VICUS CB patrocinando o evento.
e o equipo de Vigo Xogos,
Piñeiro KCE, que xogará connosco por primeira vez nesta edición.
A eles agradecemos a súa participación e disposición pra participar nesta XV edición do Torneo que este ano vaise celebrar:
Lugar: Pavillón do Berbés
Horario: Domingo día 19 de Decembro das 9.30 ás 14.30 horas.
Por último, queremos agradecer especialmente á
Consellería de Deportes do Concello de Vigo, que un ano máis apoia e da pulo a esta iniciativa a través do seu patrocinio.

Unha aperta a tod@s
Vicus C.B.