Vigo en Xogo - Xornada 15


 Plantel do Vicus CB na xornada 15 da tempada 2019/2020 fronte #LaGondolaFoodBalbi en #VigoEnXogo.

.
Partido fronte o 2° clasificado da liga e que, por tanto, se presentaba complicado xa dende o comezo pola capacidade anotadora do rival. Sen embargo demos a cara dende o comezo do encontro, empezando cun parcial de 0-7 pra o Vicus e sendo quen de manter a tensión durante toda a primeira parte contendo a anotación do rival, para un resultado de 19-16 para eles ó descanso.
Na segunda parte continuamos na mesma liña, seguendo ó rival de preto no marcador gracias a unha moi boa defensa de todo o equipo ata que o seu acerto no tiro exterior en varias xogadas consecutivas abriron unha brecha no marcador ata o definitivo 51 a 33. Malia a diferencia no tanteo, tivemos momentos de moi bo baloncesto. Na vindeira xornada máis, mellor e con máis forza. Forza Vicus! 💪
.
#VigoEnXogo


Ficha Técnica
15-2-2020
15:45 Bouzas
Estatísticas

Balbi
Vicus C.B
1º Tempo
19
16
2º Tempo
32
17
Final
51
33



0 comentarios:

Publicar un comentario