Presentación Torneo de Nadal 2015

Boas noites!
Comprácenos anunciar que xa temos pechado todo para o noso xa tradicional Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez 2015, que nesta edición cumpre 20 anos :) .
Nesta ocasión (como nos últimos anos) có apoio da Concellalía de deportes do Concello de Vigo. Data: sábado, 19 Nadal 2015
Horario: de 16:30 a 21:00 horas
Lugar: Pavillón do Berbés, Vigo
Organiza o Vicus CB e participan os nosos amigos de “Sireno Basket” e “Deportes Balbi”.
O calendario de encontros será o seguinte:
16:30 Vicus CB – Sireno Basket
18:00 Sireno Basket – Deportes Balbi
19:30 Deportes Balbi – Vicus CB
¡Invitámosvos a todos a vir e compartir un serán de baloncesto con nós!

0 comentarios:

Publicar un comentario